segunda-feira, 9 de junho de 2014

Como ser un bo alumno?



Como ser un bo alumno hoxe en día?

----Todo alumno ten que marcar a diferencia, ser diferente aos demais, fomentar a diversidade e para iso necesítanse os seguintes ingredientes:

                     -Ansia de aprender
                     -Aínda máis ardor por aprender
                     -Moita máis anhelo de aprender.                
                     -Cerebro
                     -Extremidades superiores e inferiores
                     -Mente
                     -Abdome
                     -Picaresca
                     -Ansia de aprender (fundamental isto, tres cuncas mínimo)

---Modo de preparación:
             
                   1º Asistir a clase física e mentalmente.
                   2º Xuntar todo o corpo a unha temperatura ambiente e activalo cunha cunca de café matutina.
                   3º Xuntalo todo con coherencia e ter confianza propia sempre de que se pode dar o máximo
                   4º Estudo diario
                   5º Mesturar dependendo de cada persoa e da calidade e cantidade dos ingredientes dos que se dispoña


       "O bo alumno é o que fai levantar ao profesor da cama con ganas de impartir a materia"- Luis Rojas Marcos



VIVAMOS COMA GALEGOS!!!!

LOITA POLA NOSA TERRA!!!

Referencias:

  • Google imaxes
  • Video por Gadis
  • Loita contra a megamineria
  • Viaxando con Chester (Programa de "Cuatro")

sexta-feira, 9 de maio de 2014

rap dos dereitos humanos




Os alumnos de primeiro de BAC estivemos hai uns meses realizando un traballo de material audiovisual relacionado coa música co fin de defender os dereitos humanos, aplicando así unha letra dura pero á vez realista que dá conciencia de que hoxe en día está a haber moitos problemas polo racismo, por iso nós estivemos a realizar un traballo coa clase no que tiñamos que grabar un vídeo de rap cunha mensaxe de loita polos dereitos humanos. Os participantes da creación deste blog son Sergio Fernández Neira (@Serginho_05), David Arias López (@DavidArias1997), Manuel Estévez Seijas (@Manu_ES97), Yago Valdés Oñorde e Saúl Jáuregui Pérez (@SaulJauPerez) . Este é o noso traballo, espero que disfrutedes e non olvidedes darlle ó like.